| Inicio > Exposiciones
 
>

EXPOSICIONES DEL MUSEO LISTE

El museo dispone de una sala multifuncional, que acoge exposiciones de carácter temporal, en las que se presta especial atención al coleccionismo privado.

Se inicia en 2002 el acercamiento a colecciones privadas de interés, con la exposición "Objetos en torno a la bicicleta", propiedad de D. Luis Molist Rodríguez.

APEIRARTE: LICENZA PARA CREAR

APEIRARTE: LICENZA PARA CREAR25-04-2018

APEIRARTE: LICENZA PARA CREAR
Nova exposición na que se crea unha simbiose entre etnografía e arte.
A arte, a creación artística, sérvese da etnografía para materializarse partindo dun obxecto de uso práctico.
“Apeirarte” consiste en separar o significado do significante inicial, outorgándolle á peza un novo significado, esta vez, estético.
Cada creación é reflexo da comunicación entre o obxecto e o artista, que tras analizalo, adquire novos significados que se atopan latentes nel: harmonía das súas liñas e volumes, equilibrio nas súas formas, rareza no emprego do material, etc., ademais de todas aquelas, cada un pode descubrir outras persoais, novas, que xorden ao observar lentamente o obxecto, permitindo o diálogo entrambos.
Lugar: Sala de exposicións temporais e varias salas da exposición permanente.
Datas: do 25 de abril ao 31 de decembro
Entrada gratuíta á sala de exposicións temporais. Para o resto das salas aplícanse as tarifas de entrada ao Museo.