| Inicio > Aviso Legal
 

AVISO LEGAL

OBXECTO DO SITIO WEB

En cumprimento do establecido na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico, infórmase dos extremos seguintes:

  • Este sitio Web é propiedade Museo Liste Vigo
  • Domicilio: Rúa Pastora, 22 36210 Vigo
  • Número de teléfono: 986 24 46 98
  • Dirección de correo electrónico: recepcion@museoliste.org

CONTIDO DO SITIO WEB

A utilización da información proporcionada a través deste sitio Web é responsabilidade exclusiva do usuario, non sendo Museo Liste en ningún caso responsable dos erros ou omisións que puidesen existir así como da aplicación ou uso concreto que poida facerse desta.

A información da páxina Web pode cambiar sen previo aviso e sen incorrer en ningunha obriga ou responsabilidade pola nosa banda. O contido desta páxina Web proporciónase para comodidade dos visitantes e polo tanto é meramente informativo.


DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e a súa normativa de desenvolvemento, Museo Liste infórmalle de que os datos persoais facilitados por vostede mediante correo electrónico e formularios serán incorporados a un ficheiro automatizado cuxo responsable e titular é Museo Liste.

Museo Liste non solicita na súa páxina Web datos aos usuarios que a visiten, polo tanto, a comunicación de datos persoais polo usuario a través do noso sitio Web unicamente pode entenderse que terá lugar cando estes voluntariamente utilicen a sección "contacto" ou a través das direccións de correo electrónico e formularios publicados no sitio Web. A finalidade dos datos obtidos é a de facilitarlle a información requirida acerca dos servizos que ofrecemos.

En calquera dos casos anteriormente descritos co envío de correos electrónicos ou outras comunicacións a Museo Liste, o usuario presta o seu consentimento expreso ao tratamento dos seus datos de carácter persoal e a recibir comunicacións comerciais dos servizos e da actividade á devandita empresa.

Se o desexa, pode dirixirse a Museo Liste a recepcion@museoliste.org co fin de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.


COPYRIGHT:

Todo o contido do sitio Web www.museoliste.org así como o deseño deste, logos, composición e os Dereitos de Propiedade Industrial e Intelectual dos produtos e servizos da empresa Museo Liste pertencen ás mesma, polo tanto non poderán ser utilizados total ou parcialmente sen obter previamente o consentimento por escrito por parte deste.

O usuario pode visualizar todos os elementos, imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado, quedando, polo tanto, terminantemente prohibida a súa utilización con fins comerciais, a súa alteración, modificación, explotación, reprodución, distribución ou comunicación pública.