| Inicio > Amigos del Museo > Barcal
 

ASOCIACIÓN BARCAL

"Barcal", dá nome a unha Asociación promovida dende o Museo Liste.

A súa sede encóntrase nas dependencias do propio Museo: na rúa Pastora 22 de Vigo.

Os seus membros van adquirir a condición de integrantes no proxecto cultural do Museo, coa inclusión nos programas de investigación e difusión, así como organización de actividades de índole cultural e museolóxica, relacionadas cos fins propios do Museo, sen menoscabo das competencias deste.

Todas as súas actividades se verán reflectidas na edición dunha publicación periódica chamada "Barcal".

O museo ofrece entrada libre a todos os membros integrantes da Asociación, información e participación nas súas actividades e acceso aos seus servizos, así como ás programacións que van encamiñadas á busca de información sobre a vasta cultura do noso pobo. En definitiva ao "entretemento investigativo" de toda Galicia.

As reunións dos socios do "Barcal", produciranse, como mínimo, unha vez ao ano, coincidindo con acontecementos feriados ou festivos galegos.

O réxime da Asociación quedará determinado nos seus Estatutos e poderán ser membros da asociación aquelas persoas que o soliciten, sendo requisito imprescindible, ser persoa física, ou representante autorizado de Entidade Xurídica, maior de idade - ou menor con autorización familiar - e con plena facultade de obrar.