| Inicio > Colección
 

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

O Museo, de carácter monográfico e orientación etnográfica, conta con máis de 2500 pezas, que reflicten diversos aspectos da cultura tradicional galega.

ESPAZOS

O edifico que alberga o Museo Etnográfico Liste, é unha vivenda unifamiliar de mediados do s. XX. adquirida polo Concello de Vigo en 1994, é cedida en 1999 á Fundación por un período de 50 anos. Dende entón realizáronse pequenas intervencións para adecuar o edificio ás instalacións museísticas.

Cunha superficie útil de 590 m², distribúese en catro plantas: planta baixa, primeira, segunda e baixocuberta onde se sitúan os servizos de dirección e administración.

A vivenda está bordeada dun terreo de 5.000 m2, que constitúe un espazo de interese, xa que conta con importantes especies arbóreas e zona de xardín, así como construcións de gran valor etnográfico, como un hórreo, unha fonte e un lavadoiro.