| Inicio > Exposicións
 

EXPOSICIÓNS DO MUSEO LISTE

O museo dispón dunha sala multifuncional, que acolle exposicións de carácter temporal, nas que se presta especial atención ao coleccionismo privado.

Se inicia no 2002 o achegamento a coleccións privadas de interese, coa exposición "Obxectos en torno á bicicleta", propiedade de D. Luis Molist Rodríguez.

EN FEMININO: A SILENTE PRESENZA

EN FEMININO: A SILENTE PRESENZA28-05-2016

Con esta mostra preténdese reflectir o traballo feminino dos derradeiros séculos en Galicia en practicamente todos os ámbitos, dende o campo ao mar, poñendo de manifesto a realidade dunha economía galega de subsistencia sostida na base familiar, que converte ás mulleres en elemento produtivo fundamental destacando o seu imprescindible papel e, a pesar diso, o seu escaso recoñecemento.
En definitiva preténdese visibilizar o eido feminino na construción da sociedade.
Ata o 31 de decembro de 2017. Entrada gratuíta