| Inicio > Exposicións
 

EXPOSICIÓNS DO MUSEO LISTE

O museo dispón dunha sala multifuncional, que acolle exposicións de carácter temporal, nas que se presta especial atención ao coleccionismo privado.

Se inicia no 2002 o achegamento a coleccións privadas de interese, coa exposición "Obxectos en torno á bicicleta", propiedade de D. Luis Molist Rodríguez.

DE VARAS A METROS

DE VARAS A METROS

DE VARAS A METROS
Exposición que mostra unha trintena de instrumentos de medida de grande valor etnográfico. Romanas, ferrados, maquías, balanzas aureanas, garrafóns,… conforman un conxunto de pezas que ilustran a evolución das medidas, pesos e instrumental afín ao longo dos tempos.
Medidas de lonxitude, de superficie, de capacidade, de peso,… foron evolucionando dende unha confusa diversidade ata a uniformización que supuxo a implantación do Sistema Métrico Decimal.
Prorrogada durante o segundo trimestre de 2018.