| Inicio > Fundación
 

FUNDACIÓN

A FUNDACIÓN LISTE-MUSEO ETNOGRÁFICO DE VIGO

Queda constituída formalmente o 15 de xuño de 1999, tendo como membros fundadores o Concello de Vigo e D. Olimpio Liste Regueiro e a súa dona Dª Josefina Fernández Mosquera. Réxese polo Padroado, composto por nove membros.

Inscrita no rexistro de Fundacións co nº 1999/20, ten por obxecto a protección, promoción e defensa do patrimonio etnográfico e a xestión do Museo Etnográfico Liste de Vigo.

A Fundación é clasificada de Interese Cultural pola Consellería da Presidencia e Administración Pública o 1 de Setembro de 1999, e declarada de Interese Galego pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia o 18 de Outubro de 1999 .

Dende o inicio, ven desenvolvemento actividades de investigación, conservación e difusión do patrimonio etnográfico da comunidade.


Dende a súa constitución, o Concello de Vigo é a principal Entidade no financiamento da Fundación Liste. A Xunta de Goberno Local na Sesión 27 de xaneiro de 2017 adoptou o acordo de Transferencia de Financiamento do Programa de Actividades e Funcionamento da Fundación Liste para o exercicio 2017, por importe de 90.000,- €, o que supón o 96,77% do total do presuposto.

Cargos

  • Presidente: Dª Josefina Fernández Mosquera
  • Vicepresidente: Ilmo. Sr. Alcalde de Vigo
  • Un representante da Xunta de Galicia: Director Xeral de Patrimonio Cultural
  • Un membro designado polo Concello de Vigo.
  • Un membro representante do Concello de Vigo.
  • Dous membros designados por D. Olimpio Liste
  • Unha persoa de recoñecido prestixio no ámbito obxecto da Fundación.
  • Un Secretario.

O Patrimonio

O patrimonio constitúese cunha dotación inicial que conforma a colección de pezas de valor etnográfico achegadas polo seu fundador D. Olimpio Liste Regueiro, e pola súa esposa Dª. Josefina Fernández Mosquera: un total de 1.630 pezas, así como un capital inicial de 30.000 €.