| Inicio > Publicacións
 

A NOSAS PUBLICACIÓNS

DE REZOS A CONXUROS

DE REZOS A CONXUROS06-02-2015

Catálogo da exposición temporal: AMULETOS, DE REZOS A CONXUROS. Amuletos, talismáns e pedras da fartura. Obxectos de poder na Galiza tradicional.
Autor: Calros Solla Varela.

Dende a perspectiva antropolóxica e baseada no traballo de campo, o museo puxo en marcha diferentes publicacións:

  • Colección: "Os saberes do Museo", a xeito de unidades didácticas nas que se traballa sobre os contidos expositivos, ou afíns.

  • Catálogos de exposicións temporais.

  • Revista Barcal. Nace como espazo aberto aos distintos campos de coñecemento da disciplina antropolóxica e xorde da man da "Familia Etnográfica-Barcal", acolle a todos aqueles dispostos a compartir os seus coñecementos.

  • Guía del museo: "O presente do pasado". Da man dun especial visitante describe para o lector unha viaxe ao pasado.

  • "Museo Liste: un valor pedagóxico": documento informativo dirixido aos colectivos de ensino no que se recolle a filosofía e actividades do museo cara á programación da visita escolar.