NOVAS

CONCURSOS 2023

X Concurso de Fotografía e XI Concurso de relatos convocados polo Museo co gallo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional dos Museos os vindeiros 17 e 18 de maio.

Prazo de presentación: dende o 1 de febreiro ata o 25 de abril.

ANCESTROS TECNOLÓXICOS Exposición temporal

Proposta expositiva  que presenta unha serie de  obxectos técnicos ou inventos que supuxeron,  tanto  pequenos avances a nivel práctico como cambios de transcendencia,  con primeiros prototipos que se remontan,  en moitos casos, a finais do s. XIX ou principios do s. XX. Outros  chegaron ata nós produto da evolución dende  moi antigas datas, pero en continua  mellora con novas  incorporacións.

Lugar: Sala de Exposicións Temporais

Datas: prorrogada ata o 31 de decembro.

PROGRAMA TRIMESTRAL DE ACTIVIDADES

No enlace inferior podedes consultar as actividades que vos propoñemos para o primeiro trimestre do 2023.

Agardamos sexan do voso interese.

ENTROIDO 2023
OS BOTEIROS

Dentro das actividades dedicadas ás celebracións cíclicas anuais, no mes de febreiro, contaremos con propostas arredor do Entroido que este ano terá como protagonistas aos Boteiros de Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

Datas: do 7 ao 25 de febreiro de 2023.

"O Museo Liste ofrece un achegamento á historia a través da nosa cultura material."

A Fundación

Constituída formalmente o 15 de xuño de 1999, sendo membros fundadores o Concello de Vigo, D. Olimpio Liste Requeiro e a súa dona Dª Josefina Fernández Mosquera, e rexida por un Padroado, composto por nove membros. Desenvolve actividades de investigación, conservación e difusión do patrimonio etnográfico.

Inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, ten por obxecto a protección, promoción e defensa do patrimonio etnográfico e a xestión do Museo Etnográfico Liste de Vigo. Clasificada de Interese cultural pola Consellería da Presidencia e Administración Pública e declarada de Interese Galego pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia. 

O Concello de Vigo é a principal Entidade no financiamento da Fundación Liste, aportando para este exercicio 2023 o 93,28% do total do presuposto. 

Olimpio Liste Regueiro

“…neste espazo que aloumiña escollidos acios da nosa cultura que un día viaxaron co seu pai e agora levedan ao carón da súa memoria.”

Olimpio Liste Regueiro 

(Pontevedra, 1932-2013)

Así reza unha pequena placa á entrada do Museo Liste.

Discreta homenaxe a quen non quixo ningunha e cuxo único devezo foi participarnos un legado de inmenso valor patrimonial que conforma o groso da colección do Museo Liste – Etnográfico de Vigo.

D. Olimpio Liste Regueiro, mestre, etnógrafo, coleccionista, apaixonado da conservación da cultura material dun pobo, da súa inmaterialidade tamén. Do choque que supuxo, para un neno de cidade, a chegada á pequena aldea de Ventosa, na Golada, no interior na provincia de Pontevedra, naceu unha fascinación inesgotable por un mundo en constante proceso de desaparición empuxado pola modernidade.

A imaxe dun neno cos ollos asombrados ante unha aldea que lle era tan allea, as súas xentes, as súas vidas, crenzas, costumes,…, cristalizou, na adultez, nunha forte 

arela por percorrer as corredoiras do rural en busca de vestixios dun pasado recente. Unha viaxe alentada pola súa dona, Dª Josefina Fernández Mosquera, fiel compañeira e tamén, como é de xustiza recoñecer, coartífice deste legado.

Desta incansable busca, xorde unha incipiente colección que, na súa medranza, callou na creación, en 1972, do primeiro museo etnográfico de Galicia: o Museo Olimpio Liste de Oseira (Ourense). Creado á sombra do impoñente mosteiro de Oseira, foi o xermolo dun xeito de concibir a etnografía, de dignificala e da habelencia de transmitila ao público.

O Museo Liste de Vigo nace, décadas máis tarde, respondendo ao convite feito polo concello desta cidade a un etnógrafo que, xa na súa madurez, non perdera a súa capacidade de asombro nin a súa ansia por compartir o que no seu camiño fora descubrindo.

Grazas Olimpio.

QUEN SOMOS E QUE FACEMOS

Equipo DO MUSEO

posible para post divulgativo en inicio II

NOVAS

ACTUALIDADE NA REDE

posible para post divulgativo en inicio

Recomendamos

As nosas suxerencias

Visítanos!

Horarios

DE MARTES A SÁBADO :
de 10:00 h. a 14:00 h
MÉRCORES:
de 10:00 h. a 14:00 h. e
de 17:00 h. a 19:00 h.

Tarifas

Xeral: 2 €
Reducido: 1€ (menores de 12 anos,
3a idade, parados, estudantes e integrantes de grupos).
Gratuíto: menores de 6 anos; Centros de Ensino do Concello de Vigo e Asociacións da 3a Idade do Concello de Vigo; exposicións temporais e actividades que así o indiquen; os mércores en horario de tarde.
(Agás visitas e actividades guiadas)

Contacto

Tfno. 986 244 698
Rúa Pastora, no 22, Vigo recepcion@museoliste.org visitas@museoliste.org

Espazo «CO TEU CAN» (DOG FRIENDLY)