Omnia videre, título desta exposición, vén a signicar en latín “o que todo o ve”. Só con lelo, nós, unha sociedade queiramos ou non cristianizada, pensaremos en Deus, ese ser omnipotente e todopoderoso que segue os nosos movementos e nada, absolutamente nada, escapa ao seu ollo sentenciador. O ollo que todo o ve, vai máis aló diso, foi utilizado tanto dentro de contextos relixiosos como máxicos ou esotéricos pero este símbolo chegounos de xeito que a día de hoxe é metáfora de control e dominación por parte dunha sombría élite.
A sala escollida para a mostra da obra non podría ser outra que a da Materialidade da fe xa que está cargada dun simbolismo abafador. A presenza do descoñecido, a morte, a relixiosidade e a mística que habita nesas catro paredes coroadas cun ceo de exvotos, non podía pasar desapercibida aos meus ollos. Omnia videre está composta por tres cerámicas e por tres ilustracións. Por qué o número tres? Non é cuestión de azar. O 3 é o número divino por autonomasia, representa á Santísima Trindade: