A fotografía é, sen dúbida, unha arte de gran valor para os investigadores. É por iso que o Museo Liste préstalle especial atención a través de dúas canles. O estudo e conservación dun amplo arquivo de fotografía antiga e a ampliación deste fondo a través da incorporación de obra contemporánea que se nutre, sobre todo, por medio do concurso fotografíco convocado con periodicidade anual dende hai varios anos. Neste espazo poderedes ir coñecendo o noso arquivo.