Por este medio aproveitamos para contarvos historias etnográficas que agardamos sexan do voso interese. Iremos ofrecéndovos novos contidos cunha temática relacionada coa antropoloxía, a etnografía e a historia.
Neste ocasión, Rafael González Goyanes, ensínanos como se facía e como se cocía un pan de millo que na zona de A Cañiza coñecen como “bica”.
Cando falamos de “bica”, todos pensamos no delicioso biscoito, máis, na zona de A Cañiza, comían outras ”bicas”: un pan feito con fariña de millo.
Na primeira acepción do dicionario da Real Academia Galega, chámase bica a un “pan baixo que se cocía a porta do forno ou na lareira, adoito de fariña milla e sen fermento”.
Estas bicas tamén chamadas “bolos do lar” servían para prover de pan, ata a seguinte fornada, á casa que quedara sen el.
Este vídeo móstravos como se facía.