Iniciativas
Colabora e participa
Dende o Liste pensamos que un elemento fundamental para o crecemento dun museo moderno, vital e activo social e culturalmente, basease en implicar á sociedade na que se inxire na colaboración, na participación, na iniciativa daqueles que xuntos… construímos museo.

"Vive o museo"
Coleccionismo Privado
Cada ano, o Museo exhibe novas exposicións temporais que tratan temáticas non recollidas no seu fondo permanente ou, en ocasións, complementan ou amplían aspectos xa presentes na colección.
Convidámosvos a poñervos en contacto con nós para transmitirnos as vosas iniciativas neste aspecto como medio de difundir, estudar e por en valor tan rico patrimonio.
Se sodes coleccionistas ou coñecedes a alguén que teña unha colección interesante que poda ser obxecto de exhibición temporal no Museo, non dubidedes en pórvos en contacto con nós.


Doazóns
Dende que o Concello de Vigo invitoua a Olimpio Liste a crear un museo etnográfico na cidade ata hoxe, moitas foron as doazóns coas que a colección permanente do museo foi medrando.
A colección inicial, aportada polo seu fundador, a máis importante polo seu valor patrimonial e documental, constituiu o xermolo dun proxecto que segue a medrar grazas ás vosas achegas.
Outras propostas
Convenios de colaboración, congresos, lecturas de tese, presentación de libros,cursiños, demonstracións artesanais,… calquera proposta que encaixe coa nosa temática e filosofía xerando un beneficio mútuo, cultural, social, didáctico, … será obxecto de estudo polo persoal técnico do museo.

