Actividades na Rede

O Desafío

Estamos a traballar para crear un espazo no que, de forma periódica, se vaian sucedendo probas, adiviñas, preguntas e demais retos.

Desafiaremos as vosas capacidades dedutivas, habilidades de busca documental, memoria, e todos os vosos recursos, de xeito que descubrades unha morea de curiosidades que xeren coñecemento .

Coñeceredes pezas do Museo, aspectos históricos, etnográficos, antropolóxicos, historias da cidade, en definitiva, tocaremos variadas temáticas e formas de abordalas . Unhas veces teredes que descifrar un xeroglífico, outras responder a unha pregunta, montar un quebracabezas, resolver unha adiviña, atopar o intruso, facer un encrucillado,…

Ide entrenando!

Exposición virtual

Axiña estará dispoñible a nosa primeira exposición virtual enmarcada na serie “Coleccionismo privado”.

As actuais circunstancias sanitarias dificultan, pero non impiden, que o Museo siga co seu devezo por difundir coleccións privadas que agochan un interesante patrimonio que paga a pena descubrir.

Será neste espazo. Estade atentos!

Cíclicas

Dentro das actividades do ciclo anual o Museo comeza, este ano de xeito virtual, coa celebración do Entroido.

Premendo no botón teredes acceso a unha presentación sobre esta festa, a sua orixe, antigüidade e relevancia.

Bo Entroido!

Intrumentos humildes

Dende hai varios anos, o Museo recolle de xeito permanente na súa programación un dos “Talleres de coñecemento” con mellor acollida dos ofertados. Trátase do obradoiro teórico-práctico “Instrumentos humildes” que a nosa colaboradora Erica Iglesias Neira imparte, de xeito presencial, no Museo.

Traballamos para que podades disfrutar dun anaquiño do seu bo facer a través dunha pequena grabación que penduraremos neste espazo.

Se queredes máis, teredes que agardar á reapertura do Museo.