Iniciativas
Neste apartado abrimos un convite a formar parte de xeito activo da comunidade do Museo. Todos temos algo que aportar.
Preguntádevos que son ciencias como a etnografía, a etnoloxía, a antropoloxía, a historia,… O estudo do ser humano, dos obxectos que o acompañan, as crenzas, as formas de vida, o material e o inmaterial, a cultura,… Todo elo está feito con anaquiños de nós e dos que estiveron antes de nós. As nosas vivencias, as nosas curiosidades, os obxectos que froito da obsolescencia programada xa non usamos, as historias que nos contaron, as fotografías que nos quitaron,… todo forma unha cadea na que cada elo é importante. Mostrade, preguntade, dubidade,… o Museo estará no outro lado como interlocutor valido, ávido e atento.
E, sobre todo, …
Compartide!