Histórico de Publicacións
Desde a perspectiva antropolóxica e
baseada no traballo de campo,
o museo puxo en marcha diferentes publicacións
Histórico de publicacións
CATÁLOGOS
“Paralelamente a miña afección ciclista, xorde en min, de forma casual, a idea de coleccionar recambios, accesorios e ata bicicletas antigas. Foi nunha viaxe a Londres e nunha visita ao mercado de Portobello, onde atopei dous faros de bicicleta anteriores aos de carburo, que consumían aceite ou petroleo, e que actuaron sobre min a xeito de imán.” (Luis Molist)
“Aquelo fascinábame, e non alcanzaba a comprender como daquela caixa de madeira iluminada, saían voces dende a lonxanía de París, Londres, Moscú, Andorra, Cidade do Vaticano, etc; penso que foi entón cando a miña curiosidade infantil sentiu a necesidade de coñecer o porqué daquelas cousas”. (Angel de Prado Sierra)
“De tódala impedimenta bélica, tal vez sexan os cascos o elemento menos agresivo. Cando finaliza a loita, o primeiro que se abandona é esta prenda militar que albergou no fragor da liza tódolos pensamentos de: valor, medo, rabia, pregarias, recordos, alivios…”. (Olimpio Liste)
“Antón Corral representa en si mesmo o conxunto de elementos que fan posible a pervivencia dos sons da nosa terra” (Carlos Corral e Nanci Mouriño).
“Moitos destes obxectos eran recibidos como agasallo. Antano a etiqueta non permitía a un mozo dar a súa noiva ningún presente que fora persoal (alfaias, vestidos). As ferramentas de costura podían valer para este fin, un dedal, unha abrazadeira tallada, un agulleiro de prata gravado co nome da dama non carrexaban problemas”. (Rosa María Lopes Bamba).
“As mulleres da aldea estaban alporizadas pola desfeita que o raposo fixera con tódalas galiñas do lugar. …Non deixara unha…!. E volvíanse ós homes demandando paz e orde para os seus galiñeiros” (Olimpio Liste)
“Falamos de chaves protectoras penduradas tras as portadas; chaves unidas aos milagres dos santos, a San Pedro, a Santo Eutelo, avogado da rabia, escenario a súa igrexa e a chave que a abre de rituais para afastar a ameaza desta doenza;…” (Museo Liste)
“Seres racionais, unxidos co don da intelixencia en detrimento doutras calidades físicas, os humanos, dende as orixes, procuramos no sobrenatural o conforto para os nosos medos e o abeiro para a nosa indefensión”. (Calros Solla)
“Só quen é capaz de ter a sensibilidade de destapar do esquecemento aquelas ferramentas, aveños ou reliquias definidoras dun tempo pasado, pode conectar de xeito agradecido e simbólico, con todo aquilo que o define como a persoa que é” (Ramón Méndez Paz)
“A empanada de anguía era considerada como unha das máis exquisitas, tendo moita sona as de Valga e Portomarín. As de polbo e chocos contaban tamén con innumerables partidarios, nomeadamente devotos das receitas de O Larpeiro (Benigno Campos)” (Xavier Castro)
COLECCIÓN
“OS SABERES DO MUSEO”
A modo de unidades didácticas sobre contidos expositivos ou afíns
“Os cereiros tradicionais conseguían a cera polos lugares onde había colmeas, desprazándose a elas para “castrar” (coller o mel das colmeas), en troques dos favos de cera”. (Sonia Rodríguez Basalo)
“Había un motivo importante polo que se facían as palilladas: o aforro de enerxía. Empregábase a luz de carburo ou o candil de gas que pagaban entre tódalas mulleres. A cota a pagar cada palilleira dependía da proximidade á luz, canto máis preto á luz, máis se pagaba”. (Matilde Vázquez Feijoo)
“O día de Comuñón sempre foi un día grande, un día de festa, xa que era un dos maiores acontecementos da infancia. A festa dependía en grande medida da capacidade socioeconómica das familias. Nas clases máis humildes o máis normal era facer ou ben a “Chocolatada” na casa, ou unha pequena comida para os familiares directos”. (Margarita Vázquez Corbal)
“A Virxe do Carme, antes de ser protectora dos mariñeiros, foi intercesora e salvadora das ánimas do purgatorio e como tal aparece moitas veces representada en numerosos petos de ánimas espallados por Galicia”. (Isabel Pousada Nogueira)
“Para cubrir a cabeza empregaban panos de lá, de vistosas cores e debuxos. A forma na que as mulleres poñían os panos de cabeza variaba segundo a súa idade e o seu estado civil: anoado enriba da testa, ó xeito “cachirulo” se era casada nova….” (Asociación Cultural Tangaraño)
“Dinos Xulia… Antes de meter o gran na arca, había que “facer o chumazo”: meter xofre ardendo dentro para desinfectar, e matar a couza. Na casa tiñamos varias arcas, todas na adega: unha para a cebada, outra para o trigo,[…] e a arca máis grande: a do centeo, na que caberían uns douscentos ferrados…” (Victoria Vázquez López)
GUÍA
Da man dun especial visitante describe para o lector unha viaxe ao pasado.
“Sen case darme conta, penetraron en min os obxectos que contemplaba; eu levaba intención de mergullarme no museo, e prodúcese o efecto contrario: enchinme de museo sen fartarme.” (Olimpio Liste Regueiro).
DOSIER INFORMATIVO
Dirixido aos colectivos de ensino no que se recolle a filosofía e actividades do museo cara á programación da visita escolar.
“Pensamos o Museo como un espazo de comunicación interactiva, sensible ás necesidades educativas reais do sistema escolar” (Gemma Lamas Lorenzo)
REVISTA BARCAL
Nace como espazo aberto aos distintos campos de coñecemento da disciplina antropolóxica e xorde da man da «Familia Etnográfica-Barcal», acolle a todos aqueles dispostos a compartir os seus coñecementos.
“A vontade desta publicación é a de recoller o máis valioso que, no ámbito da cultura material e inmaterial, os seus autores nos ofrecen.
O título da súa cabeceira, BARCAL, topámolo axeitado xa que este recipiente na súa primeira acepción procura, actuando de bandexa, que non se perda ningunha pingueira, gutta ou chytos do valioso viño, cando é trasfegado ou medido” (Olimpio Liste)