Somos conscientes de que, moitas veces, o público non coñece o labor que se leva a cabo a cotío nos museos. Poderíase pensar que cando o Museo permanece pechado por calquera circunstancia, ou nos momentos en que non hai atención aos visitantes, o persoal estivera ocioso.
Nada máis lonxe…
Ademais da colección, das exposicións temporais e das actividades que se executan para os visitantes, existen outras moitas tarefas dependentes de diferentes servizos: didáctica, difusión, conservación e restauración, documentación e investigación, entre outros.
Cando non estamos con vós, deseñamos novas actividades didácticas, investigamos e documentámonos sobre diversos temas, planificamos e montamos novas exposicións, catalogamos pezas, publicacións, fotografías, estudamos novos proxectos, colaboramos con outras institucións, creamos contidos para diversos soportes, etc. Cando estamos con vós, o noso labor máis importante é que participedes da nosa paixón póla etnografía, pola antropoloxía, polo museo e póla cultura en xeral.
Agardamos conseguilo.